NGC 2623 en fusión

Créditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAprocesado: Martin Pugh
Explicación: NGC 2623 son en realidade dúas galaxias que están a converterse nunha. A parella, visible nas etapas finais dunha titánica fusión galáctica, atópase a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación de Cáncer. O violento encontro entre dúas galaxias que poden ter sido similares á Vía Láctea produciu unha xeralizada formación estelar preto do núcleo luminoso e ao longo das rechamantes colas de marea. Cheas de po, gas e cúmulos de estrelas azuis novas, as colas de marea opostas esténdense bastante máis duns 50.000 anos luz desde o núcleo fusionado. A acreción provocada por un burato negro supermasivo, probablemente desencadeada pola fusión, dirixe a actividade na rexión do central. A formación estelar e o seu núcleo galáctico activo fan que NGC 2623 brille por todo o espectro. Esta detallada instantánea cósmica de NGC 2623 (alias Arp 243) baséase en datos de imaxe do Hubble Legacy Archive que tamén desvela galaxias no fondo aínda máis afastadas esparexidas ao través do campo de visión.

Texto orixinal no APOD.