Unha ollada dende aí ao lado

 Créditos da ilustración: European Southern Observatory, L. Calçada, N. Risinger (skysurvey.org)
Explicación: situada xusto ao noso carón, Alpha Centauri é o sistema estelar máis achegado ao Sol. Esta ilustración amosa unha ollada desde a nosa veciñanza interestelar a tan só 4,3 anos luz de distancia. O Sol está no extremo superior dereito, unha estrela brillante contra o fondo da Vía Láctea. O crecente do primeiro plano é unha visualización artística dun planeta do que se acaba de informar que orbita Alpha Centauri B, convertíndose no exoplaneta máis achegado. Descuberto polo astrónomo Xavier Dumusque et al. que empregou o instrumento cazador de planetas HARPS para medir variacións mínimas no espectro da estrela durante máis de catro anos, o planeta ten aproximadamente a mesma masa cá Terra. Pero completa unha órbita cada 3,2 días, a unhas 0,04 veces a distancia Terra-Sol da súa estrela. Iso o coloca moi fóra da zona habitable, demasiado preto de Alpha Cen B, unha estrela só un pouco máis fría có Sol. É máis, as estimacións indican que as órbitas planetarias serían estables na zona habitable de Alpha Cen B, á metade de distancia Terra-Sol..
Texto orixinal no APOD..