Aurora sobre o géyser White Dome

Créditos da imaxe e copyright: Robert Howell
Explicación: ás veces tanto o ceo como a Terra entran en erupción. As coloridas auroras entraron en erupción de xeito inesperado a primeiros deste mes, cunha aurora verde aparecendo preto do horizonte e bandas brillantes dunha radiante aurora vermella no máis alto. Unha brillante Luna alumea o primeiro plano desta escena pintoresca, mentres estrelas familiares podían verse lonxe na distancia. Con planificación, o coidadoso astrofotógrafo disparou esta imaxe mosaico no campo do géyser White Dome no Parque Nacional Yellowstone no occidente dos EUA. Xusto trala medianoite, como era de agardar, o White Dome entrou en erupción; espallando un chorro de auga e vapor moitos metros polo aire. A auga do géyser quece ata bulir polo magma fervente varios quilómetros por baixo, e agroma ao través de fendas nas rochas ata a superficie. Aproximadamente a metade de todos os géyseres coñecidos atópanse no Parque Nacional Yellowstone. Aínda que a tormenta xeomagnética que creou estas auroras xa esmoreceu, as erupcións do géyser Dome Geyser continúan cada 30 minutos máis ou menos.

Texto orixinal no APOD.