Galaxias, estrelas e poeira

Créditos da imaxe e copyright: Ignacio de la Cueva Torregrosa (Capturandoeluniverso, A.A.E.)

Explanation: neste panorama do espazo profundo abondan as estrelas picudas e formas arrepiantes. Este campo abrangue o que dúas lúas cheas no ceo ceo cara a constelación de Pegaso. Por suposto as estrelas máis brillantes mostran os picos de difracción, o habitual efecto dos elementos de soporte dos telescopios de reflexión, e atópanse ben adentro da nosa galaxia Vía Láctea. As tenues pero ubicuas nubes de poeira interestelar montan sobre o plano galáctico e reflexan debilmente a luz combinada das estrelas da Vía Láctea. Coñecidas como cirros de gran altitude ou nebulosas de fluxo integrado están asociadas con nubes moleculares. Neste caso enche a escena a nube difusa catalogada como MBM 54, que queda a menos de mil anos luz de distanciale. Outras galaxias máis alá da Vía Láctea son visibles son visivles ao través das pantasmales apariciones, incluída a abraiante galaxia espiral NGC 7497, a 60 millón de anos luz de distancia. Vista case de canto preto do centro da escena, os brazos en espiral da propia NGC 7497 e as corredoiras de poeira fan eco das cores da luz e o po da Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.