Pan-STARRS e nebulosas

Créditos da imaxe: PS1 Science Consortium – Procesado: Nigel Metcalfe, Gene Magnier e Peter Draper
Explicación: unha soa imaxe do máis potente instrumento de sondaxe do mundo captou esta espectacular visión do ceo. Mirando cara Sagittarius, a escena abarca case 3 graos ou seis veces a anchura da Lúa Chea. No fondo, arriba á dereita e abaixo á esquerda aparecen a Nebulosa da Lagoa (M8), a Nebulosa Trífida (M20) e NGC 6559, nos campos estelares poeirentos e abarrotados da Vía Láctea central. O esquema de cores adoptados amosa a luz estelar arroxada en tons vermello e, normalmente, a emisión vermella dos átomos de hidróxeno en verde. O instrumento, construído e accionado polo proxecto Pan-STARRS, conta con telescopio e unha cámara dixital de 1,4 gigapixel (mil millóns de pixeis). Pan-STARRS, o Panoramic Survey Telescope & Rapid Response System (Telescopio Panorámico de Sondaxes e Sistema de Resposta Rápida) ten a misión de explorar os ceos na procura de asteroides cercanos á terra e cometas potencialmente perigosos, explorando o Universo cunha gran resolución e un amplo campo de vista únicos.
Texto orixinal no APOD.