Aurora sobre o planeta Terra

Créditos da imaxe: NASANOAAGSFCSuomi NPPEarth Observatory,
procesado de Jesse Allen e Robert Simmon
Explicación: é fácil recoñecer América pola noite nesta imaxe do noso fermoso planeta desde a órbita, acadada polo satélite Suomi-NPP o 8 de outubro. As ondas espectaculares de emisión de luz visible rodando sobre as provincias canadianas de Quebec e Ontario no alto do fotograma son a Aurora Boreal ou luces do norte. Arrodeando os polos e extendéndose a latitudes inferiores, as impresionantes auroras que se viron durante os últimos días débense a fortes tormentas xeomagnéticas. As tormentas desencadeáronse por unha expulsión de masa coronal o 4/5 de outubro, impactando na magnetosfera da Terra uns tres días despois. As cortinas de luz, que brillan ben máis alá de 100 quilómetros sobre a superficie, fórmanse cando partículas cargadas aceleradas da magnetosfera excitan ao osíxeno e o nitróxeno na parte superior da atmosfera.

Texto orixinal no APOD.