Ronseis estelares no faro Nauset


Créditos da imaxe e copyrightChris Cook
Explicación: no mito, Atlas terma dos ceos, pero nesta escena parecen pivotar ao redor da almenara do faro. A exposición de 30 minutos, ben planificada e realizada cunha cámara fixa a un trípode, recolle os ronseis estelares do ceo setentrional, reflectindo a rotación cotiá do planeta Terra. Agochado por tras do cumio do prominente Faro Nauset no Cabo Cod, Massachusetts (EUA), o Polo Norte Celeste atópase no centro dos arcos dos rastros das estrelas. O ronsel estelar, que fai un círculo completo, 360 graos, en 24 horas, cobre 15 graos cada hora ou 7,5 graos cada trinta minutos. O brillo do primeiro plano é cortesía do luar do primeiro cuarto do 23 de setembro.

Texto orixinal no APOD.