Simeis 147: remanente de supernova

 Créditos da imaxe e copyrightRogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: é sinxelo perderse ao seguir os enguedellados filamentos desta imaxe mosaico detallada do feble remanente de supernova Simeis 147 (S147). Catalogada tamén coma Sh2-240, cobre case 3 graos ou 6 lúas cheas do ceo. Iso son uns 150 anos luz á distancia que se estima para a nube de refugallos estelares de 3.000 anos luz. A brillante estrela Elnath (Beta Tauri), ancorando a imaxe pola dereita, pode verse cara os límites das constelacións de Taurus e Auriga, casi exactamente oposta ao centro galáctico no ceo do planeta Terra. Esta nítida composición inclúe datos de imaxes tirados ao través dun filtro de banda estreita para salientar a emisión dos átomos de hidróxeno que rastrexan o gas brillante e golpeado. O remanente de supernova ten una idade estimada duns 40.000 anos, o que significa que a luz procedente da explosión da estrela masiva chegou á Terra por vez primeira hai 40.000 anos. Pero o remanente de supernova non é a única secuela. A catástrofe cósmica tamén deixou por tras unha estrela de neutróns en rotación ou púlsar, todo o que fica do núcleo da estrela orixinal.

Texto orixinal no APOD.