A nebulosa planetaria esférica Abell 39

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Universidade de Arizona

Explicación: cunha apariencia pantasmal, Abell 39 é unha simple nebulosa esférica que abrangue cinco anos luz de diámetro. Situada na nosa galaxia Vía Láctea, a esfera cósmica atópase a aproximadamente 7.000 anos luz de distancia cara a constelación de Hércules. Abell 39 é unha nebulosa planetaria formada cando a atmósfera exterior dunha estrela como o Sol foi expelida durante un periodo de miles de anos. Ainda visible, a estrela central da nebulosa estase a converter nunha anana branca quente. Se ben é moi débil, a simple xeometría demostrou ser de gran axuda aos astrónomos para explorar a química e os ciclos vitais das estrelas. Nesta profunda imaxe tirada de ceos nocturnos escuros, poden atoparse oa fondo galaxias distantes, como a que se olla a través da propia nebulosa, á dereita.

Texto orixinal no APOD.