No corazón de Orión

Créditos: Image Data – Hubble Legacy Archive, Procesado – Robert Gendler

Explicación: preto do centro desta fotografía cósmica, no corazón da nebulosa de Orión, hai catro estrelas masivas e quentes coñecidas como o Trapecio. Agrupadas nunha rexión de 1,5 anos luz de radio, dominan o núcleo do mesto cúmulo estelar da nebulosa de Orión. A radiación ultravioleta ionizante procedente das estrelas do Trapecio, sobretodo da brillante estrela Theta 1 Orionis C, impulsa todo o resplandor visible desta complexa rexión de formación estelar. De tres millóns de anos de antigüidade, o cúmulo da nebulosa de Orión era mais compacto nos seus anos máis xoves. Un recente estudo dinámico indica que as colisións estelares a unha idade temprana poderían ter formado un burato negro de máis de 100 veces a masa do Sol. A presencia dun burato negro no interior do cluster podería explicar as altas velocidades observadas nas estrelas do Trapecio. A distancia de uns 1.500 anos luz da nebulosa de Orión o convirte no burato negro coñecido máis cercano ao planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.