Aurora e bólido sobre Noruega

Créditos da imaxe e copyright: Ole C. Salomonsen (Arctic Light Photo)

Explicación: que está a pasar por tras desa montaña? Unha concorrencia de espectáculos celestes variables. Unha noite de mediados de setembro preto de Tromsø (Noruega), unha aurora vermella elevada podía verse escintilar ao través dunha aurora verde máis baixa dun xeito que creou un brillo abraiante e dun violeta estraño. Aínda que, de súpeto, o ceo refulxiu co bólido máis brillante que o astrofotógrafo nunca vira antes, cando un pequeno croio procedente do espazo exterior chocou violentamente na atmosfera da Terra. O brillo alumeou o cumio da afastada montaña coñecida coma Otertinden nos Alpes Lyngen. O brillante meteoro, que casualmente desapareceu por tras da mesma montaña, tamén se reflectiu no Río Signalelva do primeiro plano. Aínda que poderías sentirte ti mesmo afortunado de ver unha aurora ou un meteoro brillante; fotografalos xuntos fixérase varias veces anteriormente.

Texto orixinal no APOD.