NGC 7293: a nebulosa da Hélice

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: Unha estrela semellante ao Sol está a morrer a tan só 700 anos luz da Terra, na constelación Aquarius. Os últimos miles de anos desta estrela produciron a nebulosa da Hélice (NGC 7293), un exemplo ben estudado de nebulosa planetaria típica da fase final da evolución estelar. Para obter esta visión profunda da nebulosa foron necesarias 58 horas de tempo de exposición. Acumulando os datos de banda estreita procedentes das liñas de emisión dos átomos de hidróxeno en vermello e dos átomos de osíxeno na tonalidade azul verdosa, a imaxe mostra os extraordinarios detalles da rexión mais interior e brillante da Hélice, duns tres anos luz de diámetro, así como do halo exterior mais tenue que fai que a nebulosa se extenda mais de seis anos luz. O punto branco do centro da hélice é a estrela central quente desta nebulosa planetaria. A primeira ollada , a hélice semella unha nebulosa sinxela, pero actualmente sábese que ten unha xeometría sorprendentemente complexa .

Texto orixinal no APOD.