Aurora con forma de cabra sobre Groenlandia


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyrightJuan Carlos Casado (TWAN)Explicación: ás veces é difícil crer o que ves no ceo. Durante a Expedición Shelios a Groenlandia o pasado agosto, incluso os entusiastas veteráns do ceo viron auroras tan cheas de cor, tan rapidamente cambiantes e de forma tan estraña que non podían lembrar nada como elas. Mentres as sempre cambiantes auroras evolucionaban, enormes formas se esparexían por todo o ceo mudando dunha forma familiar noutra, incluíndo o que parecía ser a cabeza dunha cabra (amosada arriba), a cabeza dun elefante, un estraño cometa de cola verde e os dedos dunha man celeste Incluso sen a aurora, o ceo sería destacado pola franxa en forma de arco da nosa Galaxia Vía Lácteae o interesante campo de estrelas, nebulosas e galaxias. En contraste, no primeiro plano hai unha granxa de TasiusaqKujalleq (Groenlandia). O proxecto Shelios non existe só para observar auroras senón para motivar aos estudiantes a que valoren unha carreira de ciencias.

Texto orixinal no APOD.