A antiga ribeira dun río en Marte

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Explicación: atopouse en Marte unha recente evidencia dunha corrente. O rover robótico Curiosity camiñou ao través dunha superficie inusual cuxos rasgos teñen unha forte semellanza cas ribeiras dos río da Terra. Visible na imaxe superior, por exemplo, hai unha pequena rocha sobresaínte que foi creada pola erosión duna corrente de auga que circulaba por embaixo. A textura da cornisa semella ser un conglomerado sedimentario, os restos secos de moitas pedras pequenas pegadas. Baixo o saínte hai numerosos seixos, posiblemente creados pola que no seu día foi unha suave corrente que ía e viña. Os seixos do cauce probablemente caíron da ribeira erosionada. Sinalada cun círculo, enriba á dereita, hai unha gran rocha, posiblemente suavizada tamén pola erosión dunha corrente. O Curiosity descubriu por agora varios indicios de leitos secos en Marte no seu camiño ata a súa localización actual, na que está explorando unha mistura inusual de tres tipos diferentes de paisaxe.

Texto orixinal no APOD.