Presentando o cometa ISON

Créditos da imaxe e copyright: Ligustri Rolando

Explicación: podería ser ese débil punto un dos máis brillantes cometas? É posible. Ou máis ben ao contrario, o cometa podería escachar cando se achegase ao Sol, ou brillar moito máis modestamente. Os estusiastas do ceo do mundo todo son un ruxe ruxe, sen embargo, polas máis optimistas especulacións que refiren que o recentemente descuberto C/2012 S1 (ISON) podería desenvolver unha espectacular cola ou acercarse ao brillo da Lúa cara finais de 2013. O cometa ISON na actualidade é moi feble e óllase na imaxe superior cunha magnitude de 18. O cometa, descuberto hai unha semana en Rusia por Vitali Nevski (Bielorrusia) e Artyom Novichonok (Rusia), atópase agora mesmo caíndo cara ao Sol entre as órbitas de Xúpiter e Saturno. A principios de outubro de 2013 pasará moi preto de Marte e posiblemente será visible para os rovers e as sondas espaciais en órbita. O comet ISON semella en trance de obter o estatus de cometa rasante ao Sol, a medida que pase dentro dun diámetro equivalente á superficie solar a finais de novembro de 2013. O que del sobreviva pasará preto da Terra a finais de decembro de 2013. Astrónomos de todo o mundo farán un seguemento desta gran bola de neve para mellor comprender a súa natureza e de qué xeito se desenvolve durante os vindeiros 15 meses.

Texto orixinal no APOD.