NGC 7023: a nebulosa de Iris

Créditos da imaxe e copyright: Tony Hallas

Explicación: como delicados pétalos cósmicos, estas nubes de gas e poeira interestelar floreceron a 1.300 anos luz nos fértiles campos da constelación Cepheus. Chamada ás veces a nebulosa de Iris e debidamente catalogada como NGC 7023 esta non é a única nebulosa no ceo que evoca a imaxe das flores. Se embargo, esta notable imaxe mostra a notable gama de cores e simetrías con un detalle impresionante. Dentro de Iris o poeirento material nebular arrodea unha xoven estrela. A cor dominante da brillante nebulosa de reflexión é azul, característico dos gráns de poeira reflexando a luz da estrela. Os filamentos centrais das poeirentas nubes brillantes con un pó vermello fotoluminiscente así como gráns de poeira converten efectivamente a radiación ultravioleta da estrela en luz vermella. As observacións infravermellas indican que esta nebulosa podería conter moléculas complexas de carbono coñecidas como PAHs. A porción azul brillante da nebulosa de Iris abrangue uns seis anos luz.

Texto orixinal no APOD.