Estrelas nun ceo poeirento

Créditos da imaxe e copyright: John Davis
Explicación:  a estrela brillante Markab fica ancorada nesta paisaxe celeste poeirenta. No recuncho superior dereito do cadro, a propia Markab marca unha esquina dun asterismo denominado coma o Gran Cadrado, localizado dentro dos límites da constelación de Pegasus, o cabalo voador. A ancha e fonda imaxe telescópica da un paseo por uns 5 graos ou unhas 10 veces o diámetro angular da Lúa chea, coa nebulosa de reflexión azul difundida ao redor da escena. E incluso aínda que esta liña de visión se arreda do plano danosa galaxia da Vía Láctea, cobre unha rexión coñecida por estar chea de nubes moleculares achegadas. As nubes de po asociadas, cirros galácticos de alta latitude, están a menos de 1.000 anos luz de distancia. Aínda aparentes, pero moito máis lonxe da Vía Láctea, hai galaxias no fondo, como a prominente espiral de cando NGC 7497 preto do centro da imaxe.

Texto orixinal no APOD.