Analema do mencer (cun pequeno extra)

Créditos da imaxe e copyrightTunç Tezel (TWAN)
Explicación: un analemma é esa figura curva en forma de 8 que consegues ao marcares a posición do Sol ao mesmo tempo cada día ao través do ano do planeta Terra. Neste caso, 17 imaxes individuais tiradas ás 02:31 T.U. nas datas entre o 2 de abril e o 16 de setembro seguen media curva do analema, mirando ao leste cara o mencer solar e o mar Caspio desde o paseo marítimo do porto da cidade de Bakú (Acerbaixán). Co Sol máis preto do horizonte, esas datas case abarcan o periodo entre os equinoccios do ano 2012 do 20 de marzo e o 22 de setembro. O solsticio do verán setentrional do 20 de xuño corresponde á parte máis alta da figura de 8 á esquerda, cando o Sol ficaba na súa declinación máis ao norte. Naturalmente, a exposición deste ano feita o 6 de xuño contiña algo un poco extraordinario. Lixeiramente destacado, a pequena mancha negra do brillante disco solar preto do alto do fotograma é o planeta Venus, captado nun raro tránsito durante este proxecto de analema do mencer solar moi ben planeado.

Texto orixinal no APOD.