Auto-retrato de astronauta en órbita

  Créditos da imaxe: tripulación da expedición 32International Space StationNASA
Explicación: é arte isto? A primeiros deste mes, o astronauta da estación espacial Aki Hoshide (Xapón) tirou esta impactante fotografía mentres axudaba a aumentar as capacidades da International Space Station (ISS), Estación Espacial Internacional, que orbita á Terra. Nesta ensamblaxe doutro mundo vemos ao Sol, a Terra, dous anacos dun brazo robótico, un traxe espacial de astronauta, a escuridade da fondura do espazo e a estraña cámara que toma a fotografía. Esta imaxe xúntase a outros auto-retratos históricos, e posiblemente artísticos, realizados con anterioridade no espazo. A misión da expedición 32 rematou onte cando unha acápsula acoplada desatracou da ISS e devolveu a parte dos tripulantes á Terra.

Texto orixinal no APOD.