Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet)Explicación: M7 é un dos
cúmulos abertos de estrelas máis destacados do ceo. O cúmulo, dominado por
estrelas azuis e brillantes, pode ollarse a simple vista nun ceo escuro na cola da
constelación do Escorpión (
Scorpius). M7 contén unhas 100 estrelas en total, ten uns
200 millóns de anos de idade, abarca 25
anos luz de diámetro e atópase a uns 1000 anos luz de distancia. A
profunda exposición superior tirouse desde
Hakos Farm en
Namibia. O
cúmulo de estrelas M7 coñécese desde tempos antigos, sendo observado por
Ptolomeo no ano
130 d. C. Tamén é visible unha
nube escura de po e, literalmente, millóns de estrelas non relacionadas
cara o centro galáctico.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.