Rachóns nos arredores da Nebulosa de Cabeza de Cabalo

Créditos da imaxe e copyright: Star Shadows Remote Observatory

Explicación: a famosa nebulosa de Cabeza de Cabalo de Orión non está soa. Unha profunda exposición mostra que a fenda escura tan coñecida, visible xusto baixo o centro, é parte dun vasto complexo de poeira absorbente e gas incandescente. Para captar o pasto da Cabeza de Cabalo os astrónomos aficionados do Star Shadow Remote Observatory de Novo Mexico, USA, fixaron un pequeno telescopio na rexión durante máis de sete horas filtrando todo agás unha cor moi específica de luz vermella emitida polo hidróxeno. Despois engadiron a imaxe a un marco de cor tirado durante tres horas. A espectacular imaxe resultante detalla un intrincado tapiz de rachóns gasosos e filamentos inzados de poeira que foron creados e esculpidos durante eóns polos ventos estelares e vellas supernovas. A nebulosa de Cabeza de Cabalo atópase a 1.500 anos luz de distancia en dirección á constelación de Orión. Na imaxe superior poden atoparse dúas estrelas do cinto de Orión .

Texto orixinal no APOD.