IC 4628: a nebulosa da Gamba

 
Image Credit & Copyright: Marco Lorenzi (Glittering Lights)
Explicación: ao sur de Antares, na cola da constelación rica en nebulosas de Scorpius, atópase a nebulosa de emisión IC 4628. Preto, estrelas masivas e quentes, de millóns de anos de idade, irradian a nebulosa con luz ultravioleta invisible, que arrincan electróns dos átomos. Finalmente, os electróns recombínanse cos átomos para producir o brillo nebular visible, dominado pola emisión vermella do hidróxeno. A unha distancia estimada de 6.000 años luz, a rexión amosada ten uns 250 anos luz de diámetro, abarcando unha área equivalente de catro lúas cheas no ceo. A nebulosa tamén está catalogada coma Gum 56 polo astrónomo australiano Colin Stanley Gum, pero os astrónomos apaixoados do marisco poden coñecer esta nube cósmica como a nebulosa Prawn Nebula.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.