Rutas dos furacáns sobre o planeta Terra


Créditos a imaxe e copyright: John NelsonIDV Solutions
Explicación: deberías preocuparte polos furacáns? Para sabelo, é útil coñecer por onde pasaron os furacáns no pasado. O mapa superior da Terra amosa a ruta de cada furacán do que hai informes desde 1851. Aínda que abraiante, os datos existentes están cada vez máis incompletos canto máis atrás se mira no tempo. O mapa superior indica graficamente que os furacáns, ás veces denominados ciclóns ou tifóns dependendo de onde se formaron, acontecen normalmente sobre a auga, o que ten sentido debido a que a evaporación da auga quente apórtalles enerxía. O mapa amosa tamén que os furacáns nunca cruzan, nin sequera se achegan, ao ecuador da Terra, xa que o efecto Coriolis é nulo aí e os furacáns precisan da forza de Coriolis para circular. A forza de Coriolis tamén provoca que as rutas dos furacáns dorman un arco cara fóra do ecuador. Ainda que a falta de datos ensombrece as tendencias a tempos longos e a prevalencia de furacáns segue a ser tema de investigación, as probas acumúlanse para afirmar que os furacáns, de media, son máis comúns e máis potentes no Océano Atlántico Norte durante os últimos 20 anos.

Texto orixinal no APOD.