M45: o cúmulo estelar das Pléiades

Créditos da imaxe e copyright: Robert Gendler

Explicación: o tal vez máis famoso cúmulo estelar do ceo, as Pléiades, pode ollarse sen binoculares dende incluso o máis profundo dunha cidade con contaminación lumínica. Tamén coñecida como as sete irmás e M45, as Pléiades é un dos cúmulos que, sendo abertos, son máis brillantes e cercanos. As Pleiades contéñen máis de 3000 estrelas, atópanse a preto de 400 anos luz de distancia, e abrangue 13 anos luz. Ben evidente na fotografía superior aparece a nebulosa de reflexión azul que arrodea as estrelas máis brillantes do cúmulo. Tamén foron atopadas nas Pléiades febles ananas marróns de baixa mase. (Nota dos editores: os prominentes picos de difracción están causados polo telescopio mesmo, e poden ser molestos ou proporcionar unha mellora estética, dependendo do teu punto de vista.)

Texto orixinal no APOD.