Lúa azul

Créditos da imaxe e copyright: Simon Smith

Explicación: erguéndose ao solpor, esta fermosa Lúa chea do 31 de agosto é a segunda Lúa chea do mes. De acordo cos cálculos modernos é unha Lúa azul. De feito, partes da Lúa chea óllanse azuis neste detallado retrato lunar. Tomado xusto unhas horas antes da fase exacta de Lúa chea nos marabillosamente claros ceos de Nottingham, no Reino Unido, presenta aos ollos os raios brillantes estendéndose dende o xove e prominente cráter Tycho no hemisferio meridional da Lúa. A imaxe, coas cores melloradas, presenta tamén sutís tons de azul, unha característica real do terreo, con alto contido en óxido de titanio e ferro. O terreo lunar azul da dereita inclúe a escura e extensa chaira do Mar da Tranquilidade e o lugar de descenso do Apollo 11.

Texto orixinal no APOD.