Colisión galáctica en NGC 6745

Créditos da imaxe: NASA, ESA, e o Hubble Heritage Team (STScI/AURA)-ESA/Hubble Collaboration . Recoñecemento: Roger Lynds (KPNO/NOAO) et al.

Explanation: as galaxias non soen ter este aspecto. En realidade NGC 6745 mostra o resultados de dúas galaxias que colisionaron durante soamente uns cantos centos de millóns de anos. Abaixo, á dereita da fotografía superior, mellorada dixitalmente, está a galaxia máis pequena, alonxándose. A galaxia máis grande, fotografada enriba, que era unha galaxia espiral pero agora está danada e parece peculiar. A gravidade distorsionou a forma das galaxias. Se ben é probable que ningunha estrela de ambas as dúas galaxias chocara directamente, o gas, a poeira e os campos magnéticos interactúan directamente. De feito, un de gas empurrado fora da galaxia maior, abaixo á dereita, xa comezou a formar estrelas. A NGC 6745 esténdese preto de 80 mil anos luz, e atópase uns 200 millóns de anos luz de distancia.

Texto orixinal no APOD.