O halo do ollo de gato

Créditos da imaxe e copyright: Don Goldman
Explicación: Nebulosa Ollo de Gato (NGC 6543) é unha das nebulosas planetarias mellor coñecidas do ceo. As súas evocadoras simetrías vense na zona central desta tentadora imaxe, procesada para desvelar o enorme pero moi feble halo de material gasoso, duns 6 anos luz de diámetro, que rodea a familiar e máis brillante nebulosa planetaria. A imaxe composta, realizada a partires de datos de banda ancha e estreita, amosa a extensa emisión extraordinariamente forte procedente dos átomos de osíxeno dúas veces ionizados en tons azul-verdello e nitróxeno e hidróxeno ionizados en vermello. As nebulosas planetarias foron entendidas moito tempo como a fase final da vida dunha estrela de tipo solar. Pero recentemente se atoparon halos coma este en moitas planetarias, probablemente formadas do material arrincado durante episodios activos anteriores da evolución estelar. Mentres se cre que a fase de nebulosa planetaria dura ao redor duns 10 000 anos, os astrónomos estiman que a idade das porcións de filamentos máis externos deste alo teñen de 50 000 a 90 000 anos.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.