Panorámica do lugar de aterraxe do Apollo 11

 
Créditos: Neil Armstrong, Apollo 11, NASA – Panorámica de Syd Buxton
Explicación: tes visto recentemente unha panorámica doutro mundo? Ensamblada a partires de escaneados de alta resolución dos fotogramas das películas orixinais, esta cobre a magnificente desolación do lugar de aterraxe do Apollo 11 no Mar da Traquilidade lunar. Tiradas por Neil Armstrong ollando fóra pola súa xanela do Módulo Lunar Eagle, o fotograma do extremo esquerdo (AS11-37-5449) é a primeira imaxe realizada por unha persoa noutro mundo. Cara o sur, poden verse as bocas dos foguetes no primeiro plano á esquerda, mentres que á dereita pode verse a sombra do Eagle cara o oeste. Para ter unha idea da escala, o cráter grande e pouco fondo da dereita ten un diámetro duns 12 metros. As imaxes desde as xanelas do Módulo Lunar realizáronse entre media hora e unha hora trala aterraxe, antes de camiñar sobre a superficie lunar, coa intención de documentar previamente o lugar da aterraxe en caso de que fose necesaria unha saída prematura.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.