Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi

Créditos da imaxe e copyright: Tom O’Donoghue
Explicación: por que o ceo preto de Antares e Rho Ophiuchi é tan colorido? As cores resultan dunha mestura de obxectos e procesos. A po miúdo iluminado da parte dianteira pola luz estelar produce nebulosas de reflexión azuis. As nubes gasosas con átomos excitados pola luz estelar ultravioleta produce nebulosas de emisión avermelladas. As nubes de po alumeadas por detrás bloquean a luz estelar e por iso apparecen escurasAntares, unha superxigante vermella e unha das estrelas máis brillantes do ceo nocturno, alumea as nubes amarelo-vermellas da parte central inferior. Rho Ophiuchi está no centro da nebulosa azul preto do alto. O afastado cúmulo globular M4 está visible xusto á dereita de Antares, e na parte inferior esquerda da nube vermella que envolve Sigma Scorpii. Estas nubes estelares aínda son máis coloridas do que os humanos poden ver, xa que emiten luz ao través do espectro electromagnético.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.