Curiosity en Marte: unha vista do monte Sharp

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Additional Mosaic Processing: Kenneth Kremer& Marco Di Lorenzo

Explicación: que é o que hai no horizonte? O pico de luz é o monte Sharp [N. do T.: oficialmente, Aeolis Mons], un destino final do rover Curiosity. A imaxe en mosaico de enriba foi tirada dende o Bradbury Landing, o lugar de descenso do Curiosity, e mostra no primeiro plano o brazo robótico do rover extendido. O Curiosity está xa en movemento cruzando o campo de pedras intermedio, dirixíndose cara un terreo de interesantes, características chamado Glenelg. O Curiosity comezou tamén a analizar o seu entorno esnaquizando unha rocha cercana co seu láser para analizar a composición química do gas resultante. Se algunha vez existiu vida en Marte ben podería ter sido aquí, no cráter Gale, sendo o rover Curiosity a millor oportunidade que ten o ser humano de atopar os seus restos.

Texto orixinal no APOD.