A nebulosa de ollo de gato

Créditos da imaxe: J. P. Harrington (U. Maryland) e K. J. Borkowski (NCSU) HST, NASA

Explicación: a tres mil anos luz de distancia unha estrela moribunda lanza capas de gras brillante. Esta imaxe do telescopio espacial Hubble mostra que a nebulosa do ollo de gato é unha das máis complexas nebulosas planetarias coñecidas. De feito as características olladas na nebulosa de ollo de gato son tan complexas que os astrónomos sospeitan que o brillante obxecto central pode realmente ser un sistema estelar binario. A expresión nebulosa planetaria, empregada para describir esta clase xeral de obxectos, é enganosa. Ainda que estes obxectos poden aparecer como redondos e semellante a planetas nos telescopios pequenos as imaxes a alta resolución revelan que son estrelas rodeadas por casulos de gas voando nas estapas finais da evolución estelar.

Texto orixinal no APOD.