Perseidas sobre o castelo de Albrechtsberg

Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer

Explicación: o medieval castelo de Albrechtsberg está agochado entre as árbores preto da marxe norte do río Pielach e da vila de Melk, Austria. No ceo da noite clara do 12 de agosto situouse baixo as constelacións do verán septentrional,o que inclúe a Aquarius, Aquila e a tenue e compacta Delphinus (enriba e á dereitya do centro) nesta visión do ceo occidental. A escena tamén colle un brillante meteoro sobre os muros do castelo. Os rastros, parte da choiva anual de meteoros das Perseidas, os rastros apuntan cara á heroica constelación de Perseus, alta no horizonte nas primeiras horas da mañanciña. Entrando na atmósfera a preto de 60 kilómetros por segubndo os meteoros das perseidas son gráns de poeira da cola procedentes do cometa cometa Swift-Tuttle.

Texto orixinal no APOD.