A lúa atópase coa estrela matutina


Créditos da imaxe e copyrightKwon, O Chul (TWAN)
Explicación: erguéndose nas horas escuras previas ao mencer, o errante Venus resplandece agora como a brillante estrela matutina. A súa conxunción achegada coa Lúa o 13 de agosto notouse ao redor do planeta Terra. Pero os observadores celestes do leste de Asia tamén gozaron dunha ocultación lunar, a Lúa minguante pasando directamente por diante do brillante planeta nos ceos aínda escuros. Esta imaxe composta construíuse a partires de fotogramas realizados en intervalos de 10 minutos que segue a representación celeste (vídeo en vimeo) por riba das luces urbanas e as nubes sobre Taebaek (Corea). A ocultación comeza preto do horizonte e progresa mentres a parella se eleva. Ao primeiro, Venus desaparece por tras do crecente lunar iluminado polo Sol, emerxendo antes do mencer do escuro limbo lunar.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!

Texto orixinal no APOD.