Cores de conxunción

Créditos da imaxe e copyrightPhil Hart
Explicación: durante a semana pasada, a caída da noite no planeta Terra amosou a Marte, Saturno e Spica nunha conxunción engaiolante preto do horizonte occidental. Aínda formando as esquinas dun triángulo celeste distintivo tralo solpor e recentemente unidos por unha Lúa crecente, todos teñen máis ou menos o mesmo brillo pero poden mostrar cores diferentes para un ollo perspicaz. Esta enxeñosa imaxe de ronseis estelares captouse mentres o trío se puña o 12 de agosto, cun teleobxectivo desde as beiras do Lago Eppalock, na Victoria Central de Australia. Enfocada nas árbores de eucalipto do primeiro plano, na imaxe os ronseis están algo borrosos para amosar as cores máis saturadas. Adiviñas de quen é cada ronsel? Naturalmente, o rastro máis vermella é Marte, con Saturno á dereita dun eco máis pálido da cor do planeta vermello. Á esquerda está a quente e luminosa Spica, a azulada estrela alfa da constelación de Virgo.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.