ADN: a molécula que te define



Créditos da animación e copyright: Drew BerryWEHIHHMIDNALC
Explicación: toda cousa vivinte do planeta Terra está definida pola súa propia molécula; cal é a túa? Esta molécula, denominada ADN, chega a medir uns dous metros estirada pero está enrolada dentro de cada célula do teu corpo. As numerosas copias de ADN que te forman copiáronse todas a partires dunha única célula, e o teu corpo está arreo creando copias novas. O rompedor vídeo animado de máis arriba representa o mecanismo bio-molecular, diminuto e abraiante, que fabrica estas copias de ADN. Agora é posible, pagando unha cota, atopar parte de todo o código da molécula de ADN que te define; pero animados debates que inclúen temas éticos poden aparecer no que respecta a se ti ou alguén pode posuír, revelar, patentar ou solicitar o copyright. Ninguén sabe se moléculas semellantes ao ADN tamén definirán a vida que se orixina no exterior da Terra.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.