Un filamento ao través do Sol

Créditos da imaxe e copyright: Bret Dahl
Explicación: é iso unha nube que flota sobre o Sol? Si, pero é bastante diferente ás nubes que flotan sobre a Terra. O longo rasgo de cor clara á esquerda da imaxe superior coas cores invertidas é realmente un filamento solar, composto na súa maior parte de gas hidróxeno cargado pendurado no aire polo bucle do campo magnético do Sol. En contraste, as nubes sobre a Terra son polo xeral moito más frías, compostas na súa maior parte de pequenas pingas de auga, e están penduradas no alto polos movementos de aire ascendente debido a que pesan moi pouco. O filamento superior captouse no Sol hai unhas dúas semanas preto da rexión solar activa numerada AR 1535, visible á dereita con manchas solares escuras. Normalmente os filamentos duran entre uns poucos días e unha semana, pero un filamento grande coma este podería sobrevoar a superficie do Sol durante un mes ou más. Algúns filamentos desencadean grandes labaradas Hyder se de súpeto se derruban sobre o Sol.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!

Texto orixinal no APOD.