Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HPOWExplicación: os
cúmulos globulares dominaron unha vez na
Vía Láctea. Mirando atrás nos
días antigos, atrás cando a nosa galaxia se formou por primeira vez, quizais milleiros de cúmulos vagaban pola
onosa Galaxia. Hoxe,
quedan menos de 200. Moitos
cúmulos globulares destruíronse durante eóns polos fatídicos encontros repetidos cos outros ou co
centro galáctico. As reliquias que sobreviviron son máis vellas que calquera
fósil da Terra, máis vellas que calquera
outra estrutura da nosa galaxia e
limita a idade do propio Universo. Hai poucos, se é que hai,
cúmulos globulares xóvenes na nosa
MGalaxia Vía Láctea porque as
condicións non son favorables para formalos. Na
fotografía superior realizada polo Telescopio Espacial Hubble hai unhas 100.000 das estrelas de
M72.
M72, que abarca uns 50 anos luz e se atopa a uns 50.000 anos luz de distancia, pode
ollarse cun pequeno telescopio cara a
constelación do Carrexador de Auga (
Aquarius).
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.