Curiosity en Marte: natureza morta con todoterreo

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech
Expicación: a que se parece o todoterreo Curiosity sobre Marte? Para axudarnos a averigualo, os enxeñeiros da NASA sintetizaron dixitalmente varias imaxes das cámara de navegación realizadas a semana pasada do xeito que parece ser a imaxe dunha cámara única. Ademais de terróns de porcallada marciana, poden verse moitos dos instrumentos científicos do Curiosity, que parecen en boa forma. Preto do centro do todoterreo hai unha etiqueta de realidade aumentada destinada a permitir que os móbiles intelixentes obteñan información adicional. Afastado ao lonxe está unha parede do cráter Gale. Cando o Curiosity comece pronto a rodar, o seu primeiro destino xa foi escollido: unha intersección intrigante de tres tipos de terreo denominada Glenelg.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!

Texto orixinal no APOD.