NGC 6888: a nebulosa da media Lúa

Créditos da imaxe e copyright: J-P Metsävainio (Astro Anarchy)

Explicación: NGC 6888, coñecida tamén como Nebulosa da Media Lúa, é unha burbulla cósmica que abrangue preto de 25 anos luz, inflada polos ventos procedentes da súa brillante e masiva estrela central. Este colorido retrato da nebulosa emprega datos de imaxe de banda estreita combinadas coa paleta do Hubble. Mostra emisións de átomos de xofre, hidróxeno e osíxeno na corrente da nebulosa en tons vermello, verde e azul. A estrela central de NGC 6888 está clasificada como unha estrela Wolf-Rayet (WR 136). A estrela está a botar fóra a súa envoltura máis externa cun forte vento estelar, expulsando o equivalente a unha masa do Sol cada 10.000 anos. A complexa estrutura da nebulosa é probablemente o resultado dese forte vento interactuando co material exectado nunha fase anterior. Queimando combustible nesa taxa prodixiosa e preto do final da súa vida estelar, esa estrela podería rematar nun balbordo en forma dunha espectacular explosión como supernova. A nebulosa NGC 6888 atópase na costelación Cyngus, rica en nebulosas, e está a preto de 5.000 anos luz de distancia.

Texto orixinal no APOD.