
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSSExplicación: se puideras estar en Marte, que verías? A
imaxe superior é unha aproximación coloreada dixitalmente do que poderías ollar se a paisaxe marciana de arriba estivera sobre a Terra. As fotografías desde Marte en cor falsa coma esta denomínanse
balanceadas en branco e normalmente son empregadas polos científicos planetarios para identificar rochas e
formacións xeolóxicas semellantes ás da Terra. A imaxe é unha versión en alta resolución dun muro afastado do
Cráter Gale captado polo todoterreo
Curiosity que
aterrou en Marte a semana pasada. Hai unha
imaxe en cores verdadeiros relacionada que amosa como aparece realmente a escena
en Marte. O todoterreo robótico
Curiosity continua a auto-verificarse e recibir a
nova programación desde a Terra antes de comezar a rodar ao través de MArte e
explorar unha paisaxe que ten a aparencia de ser o leito enxoito dun río
estrañamente estratificado.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.