Un voo polo Universo


 
Créditos do vídeo: M. A. Aragón (JHU), M. SubbaRao (Adler), A. Szalay (JHU), Y. Yao (LBN, NERSC) e a SDSS-III Collaboration
Explicación: como sería voar ao través do Universo? Posiblemente o mellor vídeo simulado disto foi composto a partires de datos de galaxias recentemente feitos públicos do Sloan Digital Sky Survey (SDSS ou Exploración Dixital do Ceo Sloan) . Cada mancha do vídeo superior é unha galaxia que contén milleiros de millóns de estrelas. Moitas galaxias forman parte de cúmulos enormesfilamentos longos ou grupos pequenos, mentres tamén aparecen baleiros estensos practicamente sen galaxias. A película comeza cun voo xusto ao través dun gran cúmulo de galaxias achegado e máis tarde da voltas polo universo captado polo SDSS a uns 2 milleiros de millóns de anos luz (un corremento ao vermello de 0,15 aproximadamente) da Terra. As análises das posicións das galaxias e os seus movementos seguen a reafirmar o feito de que o noso Universo contén non só a materia brillante que ollamos, coma galaxias, senón tamén unha significativa cantidade de materia escura e enerxía escura que non vemos.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!

Texto orixinal no APOD.