Galaxia espiral NGC 4038 en colisión


Créditos da imaxe: Compilación datos: Hubble Legacy ArchiveProcesado: Danny Lee Russell
Explicación: esta galaxia está a ter un mal milenio. De feito, os seus últimos 100 millóns de anos non foron bos, e probablemente os vindeiros mil millóns, máis ou menos, serán bastante tempestuosos. Visible na parte superior esquerda, NGC 4038 acostumaba a ser unha galaxia espiral normal, cismando nos seus propios asuntos, ata que NGC 4039, cara a súa dereita, chocou con ela. Os refugallos en evolución, denominados de xeito coñecido como as Antenas, aparece fortografado arriba. Mentres a gravidades re-estrutura cada galaxia, as nubes de gas baten unhas con outras, os brillantes nós azuis de estrelas fórmanse, as estrelas masivas fórmanse e explosionan e os filamentos marróns de po espállanse. Ao final as dúas galaxias confluirán nunha galaxia espiral máis grande. Semellantes colisións non son estrañas e, incluso, a nosa propia Galaxia Vía Láctea sufriu varias no pasado e está predito que colisione coa nosa veciña Galaxia Andrómeda nuns poucos miles de millóns de anos. Os fotogramas que compoñen a imaxe superior tomáronse polo Telescopio Espacial Hubble en órbita por astrónomos profesionais para comprender mellor as colisións galácticas. Estas imaxes, e moitas outras imaxes de ceo profundo do Hubble, desde que se fixeron públicas, permitiron aos afeccionados interesados descargalas e procesalas no visualmente impresionante conglomerado de arriba.

Texto orixinal no APOD.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!