
Créditos da imaxe e copyright: Cenk E. Tezel, Tunç Tezel (TWAN)Explicación: esta composición de imaxes espaciadas de 5 a 7 días de separación desde finais de outubro de 2011 (arriba á dereita) deica primeiros de xullo de 2012 (abaixo á esquerda), descrebe o
movemento retrógrado do avermellado Marte ao través do
ceo nocturno do planeta Terra. Para conectar os puntos no bucle retrógrado de Marte só tes que deslizar o teu cursor sobre a imaxe. Pero realmente Marte non se move ao revés na súa órbita. Ao contrario, o aparente movemento cara atrás con respecto ao fondo de estrelas é un reflexo do propio movemento da Terra. O movemento retrógrado
pode ollarse cada vez que a Terra adianta e lle saca unha volta aos planetas que orbitan máis lonxe do Sol; a Terra móvese máis rapidamente pola súa propia órbita relativamente cercana. O 4 de marzo de
2012 Marte estaba en oposición ao Sol no ceo da Terra, preto do seu punto máis achegado e brillante no centro da imaxe. Recén achegado
á superficie do Planeta Vermello, o todoterreo Curiosity despegou o 26 de novembro, cando Marte estaba preto de cruzar o punto da súa volta retrógrada. Por suposto, Marte pode descubrirse agora preto de Saturno e da brillante estrela Spica, preto
do horizonte occidental tralo solpor.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.