
Créditos: NASA/ JPL-Caltech/ Univ. of Arizona, HiRise-LPLExplicación: tal e como captou o paracaídas de aterraxe do Phoenix sobre Marte en 2008, a cámara HiRise a bordo do
Mars Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento de Marte ou MRO)
tirou esta imaxe do
espectacular descenso do todoterreo Curiosity cara o seu lugar de aterraxe o 5 de agosto (PDT). Os case 16 metros (51 pés) de anchura do paracaídas e a súa carga son
capturadas caendo ao través da feble atmosfera marciana sobre as chairas, xusto ao norte do campo de dunas de area que bordean os 5 quilómetros de altura do Monte Sharp no
Cráter Gale. A nave espacial MRO estaba a uns 340 quilómetros de distancia cando se fixo a fotografía. Desde a perspectiva da MRO, o paracaídas está a voar nun ángulo respecto á superficie tal que o lugar de aterraxe non aparece por baixo dela. Pendurando desde os amarres e
aínda a uns 3 quilómetros sobre Marte, o Curiosity e a súa
grúa celeste impulsada por foguetes aínda non foran despregados.
Texto orixinal no APOD.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!