Créditos: NASA/ JPL-Caltech/Mars Science LaboratoryExplicación: unha roda acoplada ao todoterreo Curiosity da NASA está firme sobre a superficie marciana
nesta imaxe temperá da
misión Mars Science Laboratory (Laboratorio de Ciencia Marciana), captada tras unha
exitosa aterraxe o 5 de agosto de 2012 ás 10:32 pm (PDT). Visible no extremo inferior dereito dunha imaxe gran angular de ollo de peixe da
Hazard Avoidance Camera (Cámara Anti-Riscos), a
roda traseira esquerda do todoterreo ten 50 centímetros (unhas 20 polgadas) de diámetro. Parte dun resorte da bisagra da cuberta de po da cámara pode verse na esquina dereita, mentres na parte superior esquerda está parte da fonte de enerxía
RTG do todoterreo. Os outeiros afastados da dereita, que apuntan
ao Sol ao través da superficie rochosa de Marte, son o bordo do
Cráter Gale, a uns 20 quilómetros desde o actual lugar de descanso do todoterreo de tamaño dun utilitario. Agárdanse a finais da semana imaxes en cor máis grandes cando o mastro do todoterreo, que porta cámaras de alta resolución, se despregue.
Texto orixinal no APOD.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!