Nocturno: escenas da noite meridional

[vimeo http://vimeo.com/45856570 w=1000&h=500]

Créditos do vídeo: Colin Legg; Créditos da música: Nocturnal (Redux) por Unkle

Explicación: viches xa os cambios do ceo na noite? Ás veces o fai de xeito fermoso e inesperado. Ollalo require paciencia. O vídeo de enriba, gañador dun premio, mostra algúns dos posibles espectaculares cambios nun vídeo en time lapse. Son visibles as nubes en movemento iluminadas polo solpor, estrelas de vívidas cores ascendendo, a longa cola do Cometa Lovejoy alzándose, brillantes satélites cruzando, un meteoro explotando, unha distante tormenta aproximándose cos seus raios, paisaxes coas Nubes de Magallanes rotando, un ceo en ollo de peixe rotando mentres o primeiro plano está iluminado polo luar. Frecuentemente aparece unha escultura artística humana co ceo do sur no fondo. O vídeo remata cun fragmento en time lapse dunha eclipse total de Lúa. Se podes identificar algún evento máis dos descritos no ceo, ou algunha das paisaxes mostradas, por favor, ilumínanos nos comentarios.

Texto orixinal no APOD.