A nebulosa Burbulla

Créditos da imaxe e copyright: Yves Van den Broek

Explicación: inflada polo vento procedente dunha estrela masiva, esta aparición interestelar ten unha forma sorprendente e familiar. Catalogada como NGC 7635, é coñecida simplemente como a nebulosa Burbulla. Ainda que parece delicada, os 10 anos luz de diámetro da burbulla ofrece evidencias dun violento proceso de formación. Enriba e á dereita do centro da burbulla hai una quente estrela tipo O, varios centos de veces máis luminosa e aproximadamente 45 veces máis masiva có Sol. Un forte vento estelar e unha intensa radiación procedente de esa estrela estourou a estrutura de gas brillante contra o material máis denso na nube molecular dos arredores. A intrigante nebulosa Burbulla queda a uns 11.000 anos luz de distancia cara á fermosa constelación de Cassiopeia.

Texto orixinal no APOD.