Ronseis estelares do Polo Sur

 
Créditos da imaxe e copyrightRobert Schwarz (South Pole Station)
Explicación:  ningunha estrela se mergulla por baixo do horizonte e o Sol nunca sube por riba nesta destacada imaxe de 24 horas de longo do Desafío Lewin de image ronseis estelares. Semellante imaxe, que amosa todos os ronseis como circunferencias completas, podía conseguirse só desde dous lugares do planeta Terra. Este exemplo gravouse durante o transcurso do 1 de maio de 2012, coa cámara nunha caixa quentada no teito do MAPO, Martin A. Pomerantz Observatory no Polo Sur. Directamente no máis alto, na tenue constelación Octans, está a proxección do eixo de rotación da Terra, o Polo Sur Celeste, no centro de todos os circos dos ronseis estelares. A estrela que deixa unha circunferencia pequena pero relativamente brillante ao redor do Polo Sur Celeste, non tan ben situada coma Polaris e o Polo Celeste Norte, é Beta Hydri. Unha aparición escintilante da aurora austral realizou tamén a súa visita nesta noite de 24 horas.

Texto orixinal no APOD.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!