A Vía Láctea sobre Monument Valley

Créditos da imaxe e copyrightWally Pacholka (AstroPics.com, TWAN)

Explicación: non tes que estar no Monument Valley para ver o arco da Vía Láctea cruzando o ceo como aquí; pero axuda. Só no Monument Valley (EUA) verías un fondo pintoresco que inclúe estes picos rochosos icónicos denominados buttes. Os buttes ou colos volcánicos están compostos de rocha dura que queda por baixo despois de que a auga erosionara a rocha branda ao redor. Na imaxe superior realizada hai dous meses, o butte máis achegado á esquerda e o butte da súa dereita denomínanse como os Mitóns, mentres que o Butte Merrick pode verse xusto máis lonxe á dereita. Moi arriba no alto desprégase unha franxa de luz difusa que é o disco central da nosa galaxia espiral da Vía Láctea. A banda da Vía Láctea pode descubrise por case calquera en casi calquera noite clara cando se estea o sufientemente afastado dunha cidade e as brillantes luces que a rodean.

Texto orixinal no APOD.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!