Cinza e lóstrego sobre un volcán islandés

Créditos da imaxe e copyright: Sigurður Stefnisson

Explicación: por qué esta espectacular erupción volcánica de 2010 en Islandia creou tanta cinza? Se ben o gran penacho de cinza non foi algo sen precedentes pola súa abundancia, a súa localización foi particularmente perceptible debido a que errou ao través de áreas moi poboadas. O volcán Eyjafjallajökull, no sur de Islandia, comezou a eupcionar o 20 de marzo de 2010, cunha segunda erupción que comezou baixo o centro do glaciar o 14 de abril de 2010. Nin sequera a erupción foi inusualmente poderosa. A segunda erupción, sen embargo, fundiu unha gran cantidade de xeo glaciar que arrefriou e fragmentou a lava en partículas de vidro arenoso que logo foron levadas polo penacho volcánico ascendente. Fotografado enriba durante a segunda erupción, os lóstregos iluminan a cinza que sae do volcán Eyjafjallajökull.

Texto orixinal no APOD.